Valhalla Rising (filme)
Valhalla Rising | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Valhalla Rising |
Director | Nicolas Winding Refn |
Produtor | Johnny Andersen Lene Børglum Henrik Danstrup Bo Ehrhardt Karen Smyth |
Guión | Nicolas Winding Refn Roy Jacobsen |
Intérpretes | Mads Mikkelsen Jamie Sives Gary Lewis Alexander Morton Maarten Stevenson |
Música | Peter Kyed Peter Peter |
Fotografía | Morten Søborg |
Montaxe | Mat Newman |
Distribuidora | IFC Films (USA) |
Estrea | 2009 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Escocia Dinamarca |
Xénero | Drama |
Orzamento | $5 701 844 |
Recadación | $30 638 |
Na rede | |
Valhalla Rising é un filme dinamarqués-escocés dirixido por Nicolas Winding Refn que se estreou no 2009. O filme ten lugar arredor do ano 1000 e segue a historia dun guerreiro nórdico chamado Un-ollo e un rapaz que viaxan cun grupo de cruzados cristiáns cara a Terra Santa. Porén, atópanse nunha terra descoñecida asolados por forzas invisibles e visións. O filme foi rodado completamente en Escocia.[1] O título procede da mestura de Scorpio Rising e Lucifer Rising coa temática viquinga.[2] Malia que tivo unha boa acollida por parte da crítica, a recadación apenas foi unha fracción dos custos de produción.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un-ollo (Mads Mikkelsen), un enigmático guerreiro de gran forza que foi escravizado durante anos, mata ó seu amo e logra escapar coa axuda dun neno ó cal leva consigo. Tras enrolarse nun barco viquingo, emprenden unha viaxe que os leva a unha terra descoñecida, onde reinan a dor e o sangue.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mads Mikkelsen como Un-ollo
- Maarten Stevenson como o Rapaz
- Ewan Stewart como o Xeneral
- Gary Lewis como o Sacerdote
- Alexander Morton como o Xefe
- Jamie Sives como o Fillo
- Gordon Brown como Viquingo
- Gary McCormack como Viquingo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harkness, Alistair (1 de maio de 2010). The Scotsman, ed. "Film Review: Valhalla Rising". Edimburgo.
- ↑ "Romain Le Vern, "Interview Nicolas Winding Refn (Valhalla Rising - Le guerrier silencieux)," MYTF1News, 6 March 2010. (Refn: "Rien que pour le titre, on peut être tenté d'y voir une résonance. Kenneth Anger a réalisé Scorpio Rising et Lucifer Rising dans les années 70. Je propose Valhalla Rising en 2010.")". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha e RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2009
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes de Escocia
- Filmes de Dinamarca
- Filmes dirixidos por Nicolas Winding Refn
- Filmes de Nimbus Film
- Filmes rodados en Escocia
- Filmes ambientados en Escocia
- Filmes ambientados en América do Norte
- Filmes ambientados no século X
- Filmes ambientados na era viquinga
- Filmes baseados na mitoloxía nórdica